Ao Laber Xiria escápaselle a vitoria logo de dominar o encontro

Riberesi Octavio 31 – Laber Xiria 30 (15-17)
Cedeu no final do encontro o Laber Xiria este domingo diante do Octavio, logo de dominar ao seu rival non soubo xogar co marcador e viuse superado por lo equipo vigués.
Iniciaba o partido co equipo carballés ben plantado no seu 5:1 defensivo conseguindo frear os ataques do rival, e o máis importante, balóns para saír rápido a contra e dominar de inicio 5 a 10 nos primeiros 15 minutos. Pero co transcorrer dos minutos o Xiria foi desperdiciando ocasións de ampliar vantaxe co Octavio e por el contrario permitía meterse ao rival no encontro, chegados ao descanso os olívicos xa se achegaran 15 a 17 no marcador.
Na segunda metade o Laber Xiria parecía tomarlle a medida ao encontro, pero o esgotamento de ideas en ataque e as concesións defensivas, deron a oportunidade ao Octavio de empatar o encontro na recta final, onde os de Carballo perdían efectividade no lanzamento, xogaron sen ideas claras e atopáronse co porteiro rival. Xa no derradeiro minuto o Xiria empataba a 30 goles, atacaba o Octavio e logo de perdoarlles os colexiados unha falta en ataque, marcaban o gol da vitoria deixando o derradeiro ataque para un Laber Xiria que foi incapaz de anotar cedendo a segunda derrota consecutiva por un gol.
Dura derrota para o equipo carballés, que tras o parón do ponte do Pilar, recibirá ao Luceros e Carballal na mesma fin de semana, sábado e domingo.
Riberesi Octavio 31(15): Daniel Pérez e Iago González, (porteiros) , Andre De Moura 2, Asier Cerqueira, Gonzalo Touza 1, David Castiñeira, Javier Molinos 1, Diego Rodríguez 3, Figueirido, Iñaki Da Cunha, Martín Rial 2, César Vázquez 1, Andrés Alonso 11, Alvaro Cameselle 3, Breogán González 2, Carlos Novoa 5
Grupo Lemaco Xiria 30 (17): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Alex Gómez 14, Mario Cancela 6, Dani Mallo, Franco Rial, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Diego Rodríguez 1, Brais Vila 2, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 4 e Manuel Rama.
Marcador cada 5 min: 1-3/ 5-6 / 5-10/ 7-12/ 10-14/ 15-17// 17-20/ 20-21/ 23-23/ 24-24/ 28-26/ 31-30
Arbitraron: Víctor Rivera e Iria Rivera, sen complicacións.