Nervios e ilusión a flor de pel, iso foi o que transmitían as alevíns do Gestagua no seu primer compromiso de liga e tamén na que sería a súa estrea en BM7 o pasado sábado no pavillón do CEIP Fogar.
As rapazas de Xiria caerían nos catro tempos do encontro que lles enfrontou ao BM. Atlántico, pero iso foi o de menos, o importante era a primeira toma de contacto cun “novo” balonmán, a suma de experiencias e a evolución no propio partido que foi positiva e a partir de agora e ao longo de toda unha tempada na que compaxinarán BM5 e BM7.
Os comenzos foron dubitativos, na búsqueda de encontrar e asimilar as novas dimensións, así como os diferentes postos, pero a medida que foi avanzando o tempo, as nenas tamén foron crecendo en confianza. Si no principio a movilidade era prácticamente nula, no derradeiro tempo a soltura xa era diferente e o atrevemento maior.
Un comenzó con ilusión e con grande énfase de paixón, para continuar semana a semana e entrenamento a entrenamento ca asimilación de conceptos e o crecemento tanto en tarefas de ataque como defensivas.
Gestaua Xiria – CBM. Atlántico: 4-12 (2-9 / 3-8 / 3-6 / 4-5)
Polo Gestagua Xiria xogaron: Elena Gzlez, Clara Graña, Andrea López, Carla Martínez, Noa Quintela, Sofi Rey, Elena Rodríguez, Mencía Rodríguez, Xulia Suárez e Julia Verdes.
Colexiado: Renzo Díaz. Levou ben o encontro.
Incidencias: Partido disputado na mañán do pasado sábado no pavillón do CEIP Fogar cunha boa presencia de público nas bancadas.