O Xiria comezaba o encontro do sábado con excelentes sensacións anto o BM Xallas. Se ben as visitantes lograron defender algunhas das tentativas locais, foron incapaces de superar o efectivo 5:1 verde durante os primeiros compases do xogo, forzando a un tempo morto no minuto 6 cun parcial de (5-0). Tras a chamada á orde as visitantes atoparon espazos nas zonas periféricas da área mediante penetracións e fintas, pero o Xiria, liderado por unha Natalia Varela intratable, fixo estragos na liña defensiva, chegando ós vestiarios cunha boa marxe (18-11).
No segundo tempo o Xiria recuperaba e ampliaba paulatinamente a distancia no electrónico. A rotación de xogadoras e roles non afectou o pulso do encontro, atopando os seis metros grazas a participación silenciosa das pivotes sumada ós cruces, permutas e desdobramentos. Os dous puntos quedan no peto dun Suevia que lamenta a rotura de fibras de Lara López (38-24).


