As cadetes seguen a cabeza da clasificación

As cadetes seguen a cabeza da clasificación

O grupo Cadete Feminino chegaba o sábado ata Novo Mesoiro para afrontar a cuarta xornada de Liga ante o Brigantium, contando con tres novas incorporacións do conxunto infantil.

Dende o comezo do encontro o Xiria amosou superioridade no marcador, pero non foi quen de desmarcarse claramente ata que correxiu o traballo da súa nova defensa 3:2:1. Tras a chamada á calma e coordinar mellor os seus medios defensivos, o Xiria pechaba a cancela ata a chegada ós vestiarios cunha cómoda vantaxe (9-20).

Na segunda metade as de Carballo multiplicaron as perdas en ataque con malas eleccións de pase mais erros técnicos. Aínda así, mantiveron os mandos do partido ata que as locais aproveitaron para achegarse no marcador nos derradeiros minutos, xa sen posibilidades de alterar o resultado do encontro.

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 23 – 28 CADETE FEMENINO XIRIA

Na seguinte xornada o equipo volta o Fogar para agardar o Robadosar e intentar manterse a cabeza da clasificación.