As Escolas Balonmán Xiria confían en Javi Teijeiro unha tempada máis

Os éxitos sumados polo clube carballés, tempada tras tempada, son froito de moitos factores pero un dos máis importantes é a continuidade que están tendo os nosos xogadores e xogadoras no que a lesións se refire, pero isto non é froito da casualidade senón de estar nas mellores mans e esas non son outras que as das persoas que conforman a Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro.

Debido a isto, os profesionais da clínica carballesa e as Escolas Balonmán Xiria chegaron a un acordo para renovar o seu acordo de colaboración no que se verán beneficiadas ambas partes e tamén os xogadores e xogadoras do clube xiriareiro, así como os seus socios.