As infantís do Punta del Este Xiria conseguen dous novos puntos na casa

Punta del Este Xiria 27-13 Cafetería Tato Lavadores

O Punta del Este Xiria recibiu esta pasada fin de semana o Lavadores para disputar a séptima xornada ligueira. As carballesas saían a pista con ganas de facerse cos 2 puntos logo de perder polo mínima na anterior xornada fronte o Guardés. A intensidade defensiva coa que comezaron o encontro foi clave para distanciarse no marcador, conseguindo nos primeiros 15 minutos un parcial de 11-0 que deixaba o encontro moi de cara para as do Xiria. Nos últimos 10 minutos da primeira metade, varios despistes defensivos propiciaron que as visitantes atoparan situacións claras de gol para chegar o descanso con un marcador de 13-4.

Na segunda metade, as locais, fruto da relaxación, baixaron o seu nivel defensivo e permitían que as visitantes chegaran con máis claridade aos 6 metros. Aínda así, grazas  as intervecións da porteira, o Punta del Este ía aumentando cada vez máis a renda no marcador, conseguindo anotar con facilidade nas situacións de primeira e segunda oleada. 

Punta del Este Xiria (13+14): María Porteiro (p), Carla Bello (p), Leticia Santos (5), Lara Hernández (3), Lara Souto (3), Duna Barca (10), Sara Méndez, Catalina de Magalhaes (6), Alba Pereiro, Sara Rial, Nerea Figueiras. 

Cafetería Tato Lavadores (4+9): Marta Santamaría (7), Antía Fernández (3), Ana Pérez, Petra Verde (2), Lia Dominguez, Lorena Rodriguez, Luna Muschiato (1), Laura Lama, Irene Lustres.