As sucesivas perdas de balón e a pouca intensidade en defensa, déronlle a vitoria ao Salceda

O pasado sábado 19/01 o Punta do Leste Xiria viaxou a Caselas para enfrontarse ao EDM Salceda de Caselas. O encontro tivo lugar no Pavillón municipal de Caselas ás 10:00 da mañá.

Desde un principio o partido presentábase igualado para os dous conxuntos, aínda que na transición deste foi totalmente diferente.

Comezaba a primeira parte coa posesión de balón para o Punta del Este Xiria . As carballesas estaban concentradas en ataque, iniciando con movemento de balón, atacando sucesibamente e dándolle continuidade, isto permitíalles anotar desde as zonas exteriores. Pola contra en defensa, as do Xiria estaban a deixar que as do Salceda se aproximásen moito a zona de 6 m, isto provocaba as continuas saídas da defensora central ao choque, deixando un gran espazo detrás que sería aproveitado pola pivote. Chegou o descanso cun resultado 16-6.

A cousa xa estaba moi difícil, o Salceda xa se afastara bastante no marcador, co que as do Punta del Este Xiria terían que apertar en ataque e axustar a defensa para poder achegarse ao marcador.

A segunda parte, comeza coas carballesas en defensa tentando axustar os desequilibrios da primeira parte, chegando ás axudas e pechando ben a zona centro. Aínda así as do Salceda conseguían marcar gol. No ataque, as carballesas notábanselles algo tensas e nerviosas, deste xeito o seu ataque non tiña nada que ver co que  víñan facendo na primeira parte. A perdida de balón era continua provocando que as locais o aproveitasen. Nos últimos minutos as carballesas conseguiron apertar algo en ataque achegándose no marcador. O partido finalizo cun resultado 27-20, mesmo resultado que na primeira volta.

O madrugón e a desconcentración tanto en ataque como en defensa foi o que propicio o desenvolvemento do partido e o final.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía Lema [p], Natalia Cancela(5), Lara Souto (3), Stefanía Landri, Lara Hernández (1), Leticia Santos(5), Candela Couto, Coral Ruibal(4), Catalina de Malgalhaes, Dunna Barca, María Patiño (2).

EDM SALCEDA DE CASELAS: Rocío F., Cristina G.(3), Maya M.(4), Lucía M.(3), Alba O.(5), Sofía R.(2), Irea R., Marta R., Uxía B., Noelia C.(4), Laura B., Ainhoa L., Antía U.(6), Nerea G., Celia P.

O próximo fin de semana as do Punta del Este Xiria reciben na casa o Coreti Lalín. Presentase unha xornada complicada, xa que na primeira volta o Coreti Lalín non tivo piedade e gañou o Punta del Este Xiria cunha diferencia de 18 goles. Aínda así, nesta xornada as carballesas intentarán recortar o primeiro resultado e intentarán poñerllo difícil.