16/03/2004 7ª XORNADA
ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 1 ), Fernando ( 7 ), Dubra ( 1 ), Chimpo ( 3 ) , Carlos ( 4 ), Pablo ( 4 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo, Queco ( 1 ), Alberto, Alejandro ( 1 ), Gonzalo.
BM. CANGAS «AES»: David, Carlos ( 1 ), Raúl ( 4 ), Cristian ( 4 ), Uxío ( 1 ), Mateo ( 8 ), Eduardo ( 3 ) – equipo inicial – Serafín, Manuel, Miguel, Alberto ( 2 ), Oscar ( 1 ), José, Fandiño.
O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado na súa casa ante o Balonmán Cangas por 22 a 24, resultado que comprime a clasificación da Liga Galega Xuvenil.
Comezou ben en ataque o partido para os carballeses que mandaron durante moitos minutos no marcador, mais en ningún momento ó longo do tempo regulamentario foi quen de despregar a súa habitual defensa ante un equipo que durante a primeira metade adicouse a xogar de maneira individual co que non aproveitaba esta circunstancia.
Sen embargo a mesma tónica defensiva unida a un mellor xogo en ataque por parte do cadro visitante e un nefasto segundo tempo de cara á portería por parte local fixo que o Xiria sucumbise nun partido que semellaba controlado. A falta de intensidade no segundo tempo que xa foi a nota predominante no anterior encontro levou ó traste o traballo de trinta minutos e pon en perigo a consecución do obxectivo de acadar o Campionato Galego.
Agardemos que a concentración e a motivación volvan o cadro carballés que viaxa a Camariñas para disputar o duelo de rivalidade comarcal o vindeiro venres día 19 ás 12:00 horas.
3-1 / 4-2 / 5-4 / 8-6 / 11-8 / 14-10 / 14-12 / 15-14 / 15-15 / 17-17 / 20-22 / 22-24
Os colexiados Srs. Flores e Permuy cometeron erros, non sinalizando varias accións moi claras de sete metros a favor do conxunto carballés.