ASESORÍA SUEIRO XIRIA 30 – O.A.R. DEP. CIMANS 15

31/10/2004 3ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 5 ), Alejandro ( 3 ), Hugo ( 1 ), Cristophe ( 3 ), Carlos ( 3 ), Rodrigo ( 2 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz ( 5 ), Aitor ( 3 ), Anxo, Alberto ( 1 ), Chimpo ( 4 ), Gonzalo.

OAR DEP. CIMANS: Roberto, Nicolás ( 5 ), Victor ( 1 ), Jesús ( 2 ), Adrián ( 5 ), José, Alberto ( 1 )– equipo inicial – Pardo, David ( 1 ), Javier, Iván, Antonio.

O Asesoría Sueiro Xiria leva, con esta, tres victorias en outros tantos partidos, sendo o rival nesta xornada o OAR da Coruña o que caeu por un incontestable 30 – 15.

O resultado de empate a dous no minuto sete de partido foi un mero espexismo do que ía a acontecer no Pavillón da Zona Escolar. A partir deste intre un aumento na intensidade defensiva provocou que chegaran contraataques sinxelos que se transformaban en gol, para chegar o descanso cun claro 14 – 6.

A segunda metade comenzou cun Xiria apretando en defensa e resolvendo en ataque co que rompeu o partido totalmente, mais chegou a relaxación nos derradeiros dez minutos nos que permitaron anotar seis goles o conxunto coruñés, que nos cincoenta anterioes so conseguira nove tantos.

Unha cómoda victoria que fai que o cadro carballés continue no mais alto da taboa, mais deberá de evitar erros nos lanzamentos e etapas de relaxación se quere aspirar ó máximo nesta tempada.

O colexiado Sr. David Rodríguez non tivo complicacións debido a diferencia entre os dous conxuntos, máis non foi quen de seguir o xogo de preto, o que se traduciu en erros que non alteraron o resultado final.