ASESORÍA SUEIRO XIRIA 32 – CALFONCAL LAVADORES 33

Asesoría Sueiro Xiria (14+18) 32: Guillín, Díaz (1), Ramón (3), Óscar, Juan (1), Iván (2) e Javier (3) – equipo inicial – Iago (p.s.), Puente (1), Manuel (10), Joaquín (9), Eloy(1), Norberto (1) e Boti.
Calfoncal Lavadores (17+16) 33: Iago, David (4), Celso (4), Bruno (9), Rubén (4), Pablo (3) e Miguel (3)– equipo inicial – Diego (p.s.) Javier (2), Pedro (2), Alejandro (1), Rivas (2), Jorge e Saúl.
Árbitro: Vicente Pérez e Julio López. Regular.
Incidencias: Encontro correspondente á 5ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 12:00 con máis de 100 espectadores nas bancadas.

O Xiria remataba a primeira volta recibindo ó líder da Liga Galega. Enfrontábanse o campión da Zona Norte contra o campión da Zona Sur nun encontro onde o gañador podía saír moi reforzado de cara a segunda volta.

Na primeira parte os locais tiveron un mal arranque e fórono acusando o resto do encontro, ante un Lavadores que comezou moi entoado en ataque, con Bruno e Celso moi acertados no lanzamento e os extremos na mesma liña. Deste xeito foron os visitantes collendo unha renda que a pouco do arranque xa era de tres goles e que medrou ata os seis goles no minuto 20 (7-13). Pero a reacción do Xiria antes do descanso non se fixo esperar, e a vantaxe acurtouse ata os tres goles (14-17) antes de marchar os vestiarios.

No segundo tempo os vigueses seguiron mantendo a renda en torno ós tres goles, pero o Xiria foi remontando ata poñerse un tanto arriba no minuto 17 (26-25). A igualdade manteríase ata que unha inexistente exclusión a Norberto seis minutos despois, que unida posteriormente a un penalti inexistente a prol dos visitantes propiciou que estes se fosen novamente no marcador tres goles arriba. Os locais recurtarían a diferencia a un gol, e mesmo puideron empatar, pero finalmente os dous puntos voaron a Vigo.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria visita a cancha do Octavio, en partido que abre a segunda volta e no que os carballeses tratarán de acadar a primeira victoria a domicilio desta Liga Galega.