ASESORÍA SUEIRO XIRIA 33 – Esc. Mpal. camariñas 16

11/02/2005 3ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 6 ), Queco ( 1 ), Hugo ( 3 ), Cristophe ( 3 ), Carlos ( 9 ), Rodrigo ( 2 ) – equipo inicial – Miguel Díaz ( 6 ) , Alex, Alberto, Aitor ( 1 ), Gonzalo ( 2 ).

ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Cristian, Constantino, Sergio, Javier ( 1 ), Fabián ( 11 ), Anxo ( 4 ), Alberto– equipo inicial – Víctor, Adrián, Sergio, Jesús, Manuel, José, Tedín.

O Asesoría Sueiro Xiria acadou a segunda victoria en tres encontros na liga galega xuvenil ante o Bm. Camariñas por 33 a 16 ( 16 a 8 no tempo de lecer ).

Non foi este o típico derbi ó que nos teñen acostumados este dous conxuntos, que se resolveu dende o minuto vinte no que o cadro carballés xa tiña cinco goles de diferencia. Dende este minuto o equipo de Camariñas so puido evitar que a diferencia de goles fose mais ampla. A baixa de Alberto Ogando por parte do equipo visitante foi un factor insalvable e sacou bon partido o equipo do Asesoría Sueiro.

Os vinte primeiros minutos presentaron a un Xiria dubitativo na sua defensa que permitía fáciles lanzamentos e non podía correr o contraataque, mais a raiz de duas exclusións sufridas polo Camariñas rompeuse o encontro de maneira definitiva.

Na próxima xornada o Xiria desprázase a Pontevedra para xogar ante o Bm. Cisne nun partido que se antoxa importante para os dous equipos.

Os colexiados Srs. Pereira e Sanmartín non mantiveron o mesmo raseiro durante os sesenta minutos co que conseguiron descentrar ós dous equipos.