ASESORÍA SUEIRO XIRIA 35 – Sa-Fa 27

23/04/2004 1ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Dubra (5), Pablo (7), Cuco (4), Álex, Fernando (4), Carlos (6) -equipo inicial- Miguel, Bruno, Hugo, Chimpo (8), Queco, Alberto e Gonzalo (1).

SA-FA: Diego, Daniel, David (5), Fernando (10), Ignacio (1), Javier Valeva, Víctor (8) -equipo inicial- Francisco, Javier Calín (3), José, Javier Martínez, Alberto, Roberto e Pedro.

Gran partido o realizado polos rapaces do Asesoría Sueiro Xiria, no seu debut nesta 2ª Fase do Campionato Estatal, nun encontro que, salvo os titubeantes primeiros intres, dominaron de principio a fin e no que non tiveron grandes problemas para súma-la primeira victoria na competición.

Aínda así comezaron titubeantes os homes de Marcos Rodríguez que saíron bastante nerviosos á pista do municipal carballés e notaban en exceso o seu debut na competición encaixando un parcial inicial negativo de 3-6. Sen embargo, pouco a pouco foron comezando a asenta-la defensa e a facer o seu habitual xogo en ataque para infrinxirlle ós madrileños un parcial de 7-0 e mediada a primeira metade xa mandaban os carballeses no electrónico con diferencias de entre tres e catro goles. Nos derradeiros minutos desta primeira metade varias decisións discutibles dos colexiados provocaron varias exclusións no bando dos de Carballo que permitiron que o Sa-Fa conseguise colocarse a tan só 2 goles do Xiria chegándose ó descanso con 3 de renda a prol dos carballeses que remataron a primeira metade con tan só catro homes en pista.

Na segunda metade o encontro transcorreu polos mesmos derroteiros e pouco a pouco o Xiria foi abrindo máis brecha no electrónico e o Sa-fa só era quen de inquedar ós carballeses cando estes se atopaban en inferioridade. A falla de 10 minutos conseguían os de Marcos a máxima diferencia en todo o partido chegando a irse de 11 goles, o que aproveitou o adestrador carballés para darlle minutos os homes menos habituais que non desentoaron para nada cos teoricamente titulares, chegándose ó remate con 8 goles de renda para os bergantiñáns. Destacar no equipo carballés a tódolos seus compoñentes que raiaron a un gran nivel, deleitando ó numeroso público que compareceu no Pavillón da Zona Escolar con momentos e goles espectaculares. No outro encontro da xornada, disputado previamente, o Ademar de León derrotou o Bm. Corvera por 23-18 (11-12 ó descanso).

2-3 / 5-6 / 6-7 / 10-7 / 12-10 / 15-12 / 16-13 / 20-14 / 25-15 / 29-18 / 31-22 / 35-27

Os colexiados cántabros Sres. Escudero e Escudero estiveron bastente irregulares non influíndo no resultado.