ATL NOVÁS MECALIA 29 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 19

Atl Novás Mecalia 29 (13+16): Sergio, Diego (2), César (1), Iago (6), Miguel (3), Mario (5), Iván -equipo inicial- Gabriel (1), Martín (4), Daniel (2), Marcos (5), David

Ifecgás Pereira Xiria 19 (11+08): Naya, Antón (3), Zas (6), Néstor (2), Pombo (3), Dani(2), Óscar -equipo inicial- Brais (1), Iago (2), David

Colexiados: Pablo Goitia e Antonio Moledo. Non tiveron un partido afortunado pero non influiron no resultado final.

Mal partido do Ifecgás Pereira Xiria que colleita a súa quinta derrota consecutiva neste final de liga. Aínda así, tras as últimas derrotas do Bm Lalín o equipo carballés hai xa varias semanas que tiña a permanencia asegurada e a próxima temporada seguirá competindo na División de Honra Xuvenil.

O partido comezou con dous equipos facendo un balonmán poucoi vistoso, lento, impreciso e moi prebisible, onde os erros e as perdas de balón se sucederon ao longo da primeira metade. A igualdade foi a tónica xeral neste tempo e os locais retirábanse ao descanso cunha renda de dous goles ao seu favor, 13-11..

Na segunda parte, os do Rosal puxeron algo máis de corazón, xa que estaban a xogar diante do seu público, non cometeron tantos erros, e isto foi unha das principais razóns que os levaron a aumentar a vantaxe no marcador, cousa que non se traducía nun bo xogo. Os visitantes contribuiron de forma notable á vitoria do Atlético Novás xa que, a pouco de iniciarse a segunda metade, baixaron os brazos e foron meros espectadores do encontro, agardando simplemente á finalización do mesmo, non opoñendo en ningún momento resistencia ningunha.

O próximo encontro que pecha a competición na División de Honra Xuvenil enfrontará, sábado ás 12.00 h no Pavillón Bergantiños, ao Ifecgás Pereira Xiria co Promalar Cangas. De acadar a vitoria os carballeses terían a posibilidade de ascender un porto e acabar oitavos nunha liga que podemos calificar de mala por parte do equipo carballés de quen, dado o seu potencial dos seus xogadores, se agardaba algo máis.