O equipo infantil de 2ª División xogaba esta fin de semana dous partidos de liga, o Sábado contra o Bm. Lucus e o Domingo contra o Alca de Santiago, sumando unha derrota e unha vitoria.
No partido do Sábado o Marmolería Jose Rey recibía ao líder invicto, o Bm.… Seguir lendo >>
Visitaba Vigo, o Garaysa Xiria, nun encontro no que nunca se sentiu cómodo. Empezaban ben o partido, impondo a súa defensa e recuperando balóns a un ataque local atrancado, pero os do Garaysa non eran capaces de materializar os ataques e contrataques dos que dispuñan.… Seguir lendo >>
Empezaba o partido con moita intesidad por parte dos dous equipos; sabendo da importancia dos puntos en xogo. O Garaysa tiña claro que o partido se disputaba en cada acción de xogo e debería manter a concentración durante os 50 minutos disputados.… Seguir lendo >>
Disputábase na mañá do sábado a 4ª xornada da 2ª división infantil masculina e o Marmolería Jose Rey Xiria visitaba a pista do Balonman Culleredo.
Empezaba o Marmolería José Rey con moitos descoidos nas tarefas defensivas, e os locais eran capaces de atopar lanzamentos con facilidade, pero un bo Pedro Pena na portería, conseguía frear o empuxe local.… Seguir lendo >>
Empezaban o partido sen relaxacións e dispostos a levar a vitoria desde o principio. O Academia Octavio viuse superado en todo momento pola defensa local, que tardou 15 minutos en encaixar o seu primeiro gol. O paso dos minutos non fixo máis que aumentar a diferenza no marcador que acabaría nun cómodo triunfo para o Garaysa Xiria 41-12.… Seguir lendo >>
Disputábase a 2ª xornada da 2ª división infantil masculina e o Marmolería José Rey Xiria recibía a visita do Arteixo Balonman. Os carballeses empezaban o partido moi relaxados e recibían un parcial de 2- 9 nos primeiros minutos de partido. Por fin no minuto 15 da primeira parte, o Marmolería José Rey Xiria consegue reaccionar e salvar os mobles ata o descanso, chegando o marcador a 11-17.… Seguir lendo >>
O Garaysa Xiria visitaba a pista do Oar Coruña. O partido empezaba sen un dominador claro, con constantes intercambios no marcador. Ningún equipo era capaz de impoñer o seu ritmo de xogo e a tensión e o exceso de motivación con que os xogadores afrontan este tipo de encontros fíxose notar nas moitas perdidas de balón por parte dos dous equipos.… Seguir lendo >>
Empezaba este fin de semana a 2ª división infantil masculina e xogaban os carballeses na pista do debutante Alca, en Santiago. O equipo local pagou cara a súa inexperiencia na categoría contra un Marmolería José Rey Xiria que se mostrou moi serio desde o inicio do partido.… Seguir lendo >>
O Garaysa Xiria empezaba moi enchufado o partido e cunha excelente defensa e rápidos contrataques conseguía unha diferenza de 5 goles nos primeiros 5 minutos. O adestrador visitante pedía un tempo morto para organizar aos seus pupilos, pero nada ía cambiar, os rapaces do Garaysa non baixaron o ritmo de xogo e dominaron o partido en todo momento.… Seguir lendo >>
O partido empezaba con moitas imprecisións por parte dos carballeses e o bo facer do BM Chapela poñía o marcador 3-0 a favor dos locais no minuto 3. O Garaysa conseguía axustar a sua defensa despois dun tempo morto, pero en ataque posicional non era capaz de atopar espazos e os goles que conseguían eran a través de contrataques rápidos.… Seguir lendo >>