
Todas las entradas de Brais Puñal


Bos primeiros minutos do Garaysa feminino

O Punta del Este mostra a súa mellor cara

Derrota para o Garaysa feminino nun partido igualado
O Garaysa recibía este sábado ao Ribadosar coa intención de seguir disfrutando na pista como fixera a pasada semana. O comezo do partido foi bo, en ataque, con boas combinacións entre a primeira liña e a segunda liña, conseguindo enlazar accións en velocidade, con todo na finalización non estabamos acertadas.… Seguir lendo >>

O Punta del Este sufre para gañar en Arteixo
Viaxaba o Punta del Este a Arteixo, para enfrontarse a un equipo dun nivel parecido, formado tamen por varias xogadoras de segundo ano. O equipo empezou o partido como o día, frío. En defensa faltas de contacto, polo que se vían superadas unha e outra vez; e en ataque faltaba velocidade de balón, atacando sempre cara ás defensoras.… Seguir lendo >>
O Garaysa feminino consegue a súa primeira vitoria
Este sábado 25 recibiamos en Carballo ao C. Polideportivo Lucense. Os dous equipos están en progresión polo que se prevía un partido rifado. Con todo as locais coas ganas de conseguir os dous primeiros puntos mostraron a súa mellor imaxe, conseguían recuperar balóns e chegaban a atopar lanzamentos claros para conseguir gol.… Seguir lendo >>
O Punta del Este imponse nun partido igualado
Este sábado 25 recibiamos ao Bm Camariñas un equipo moi intenso que sempre pelexa os partidos. Prevíase o partido máis competido ata o momento e así foi. As locais saíron ao partido sen a intensidade necesaria para gañar un partido destas características, e isto pasounos factura.… Seguir lendo >>

O Punta del Este vence en Lugo
O Punta del Este enfrontábase a un equipo que participa por primeira vez este ano na liga, equipo en formación que disputa os partidos coa ilusión que necesita o noso deporte.
No partido o Punta del Este era claramente superior, véndose reflectido no marcador, a partir de aí os dous equipos buscaron seguir formándose nos aspectos que lles importaba.… Seguir lendo >>

Derrota do Garaysa femenino fronte o BM Lucus
O Garaysa chegou a Lugo coa premisa de facer o mellor partidoposible e aprender en cada minuto do partido. Na primeira parte as xogadoras de Carballo mostráronse moi móbiles en ataque tentando sempre conquistar os espazos en carreira. Producíanse perdas de balón derivadas desta mobilidade, pois nesta idade aínda resulta difícil atacar con esta rapidez. … Seguir lendo >>

Derrota do Marmolería José Rey
Na mañá do sábado viaxaba o Marmolería José Rey Xiria a Lugo para enfrontarse ao Bm Lucus. O comezo do partido estivo marcado polos descoidos e a falta de intensidade dos carballeses. Con todo, mediado o primeiro tempo o equipo repúxose e comezou a defender anticipándose ao rival, isto e a gran actuación de Alex baixo paus fixo que o equipo comezase a recuperar balóns.… Seguir lendo >>