Empezaba a competición para este equipo en Ponte do Porto contra Camariñas. Xa desde os primeiros compases do partido viuse que o xogo do Camariñas ía basearse nas situacións de un contra un dun dos seus xogadores, con todo a nosa defensa non foi capaz de frealo de maneira satisfactoria.… Seguir lendo >>
O Garaysa desprazábase a Ponte do Porto para enfrontarse a un sempre intenso Camariñas. O primeiro partido do Garaysa, formado na súa maioría por xogadoras de primeiro ano, veu marcado polos nervios e as imprecisións.
Os primeiros ataques das nosas xogadoras iniciábanse recibindo a pelota paradas e sen mover a mesma o que nos facía chocar unha e outra vez coa defensa rival, esta falta de dinamismo levábanos a ter perdas de pelota.… Seguir lendo >>
Este sábado 4 comezaba a liga para o Punta del Este Xiria coas ganas e ilusión dun equipo que xa coñece esta liga. O comezo de partido mostrounos a superioridade física e de xogo da nosas xogadoras fronte ao rival, que a pesar diso nunca perdeu a cara ao partido.… Seguir lendo >>
O pasado xoves 31 dabamos por finalizadas as nosas Escolas de Verán. Un ano máis puidemos gozar xunto aos pequenos e pequenas de diversas actividades coas que pasamos as mañás do verán da mellor maneira posible. Este pasado mes de agosto, ademais das actividades que viñamos realizando con normalidade (teatro, manualidades, medio ambiente e informática), contamos con diversas actividades extraordinarias: Concurso de gorros, festa de xogos tradicionais, balonmán na praza do concello, festa hawaiana e excursión ao museo do xoguete.… Seguir lendo >>