Todas las entradas de Brais Puñal

O LABER PASA A CUARTOS DE FINAL DA COPA SPONSOR

O Laber Xiria, logo de unificar os dous equipos que presentara este ano, ven de clasificarse para cuartos de final da Copa Sponsor despois de gañar os dous partidos contra o Bm Culleredo Optica Gallaecia. O grupo do Laber tan só dispoñía de dous equipos, logo da renuncia do terceiro equipo do grupo,  polo que o Culleredo e o Laber disputaron o grupo en ida e volta. 

LABER 47- BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22

LABER – BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA (IDA)

BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22- LABER 38

BM OPTICA GALLAECIA – LABER XIRIA (VUELTA)

Logo de unha boa imaxe en ambos partidos o Laber afronta os cuartos de final con gañas e co obxetivo de manter un nivel alto en ataque e defensa durante todo o partido.… Seguir lendo >>

Vitoria do Laber A contra o Cangas no que foi para eles o último partido da liga

O Laber A enfrontábase ao Buenas Migas Balonmano Cangas, no derradeiro partido da liga regular. Neste derradeiro partido o Laber debería gañar ao Cangas e esperar que ao mesmo tempo o Porriño perdera contra o Culleredo.

O Laber saiu ao partido sendo afectivo no ataque posicional e con un bo nivel de mobilidade na defensa para frear as situacións de 1 contra 1 que tanto dano lle fixeran no partido de ida.… Seguir lendo >>