Todas las entradas de Comunicación

O Calvo Xiria dá o pistoletazo de saída á tempada 2021-2022

O vindeiro luns 9 de agosto ás 21.00h., o equipo que dirixe Adrián Dubra sairá a escea no Vila de Noia para dar comezo á tempada 2021-2022.

Logo de dous meses de parón estival, os xogadores do Calvo Xiria volverán a retomar a actividade deportiva para afrontar un ano diferente, con numerosos cambios no plantel e no que ao igual que estas últimas tempadas, os carballeses tratarán de loitar por estar nos postos de privilexio da clasificación, algo que lle vai esixir ao equipo estar a un nivel moi alto, tendo en conta os proxectos moi ambiciosos que haberá no grupo A da Primeira Estatal nesta 2021-2022.… Seguir lendo >>

As Escolas Balonmán Xiria confían en Javi Teijeiro unha tempada máis

Os éxitos sumados polo clube carballés, tempada tras tempada, son froito de moitos factores pero un dos máis importantes é a continuidade que están tendo os nosos xogadores e xogadoras no que a lesións se refire, pero isto non é froito da casualidade senón de estar nas mellores mans e esas non son outras que as das persoas que conforman a Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro.… Seguir lendo >>