Coas importantes baixas de Leti e Lara Hernández, o Seguros Sueiro afrontaba o partido ante un sempre difícil Chapela, que a pesar da súa escasa puntuación na fase ligueira, foi quen de pelexar cara a cara contra case todos os rivais da liga, acadando incluso o empate contra o Xiria na Fase de Clasificación.… Seguir lendo >>
Todas las entradas de Daniel Angeriz
Grupo Lemaco A e B acadan a vitoria no inicio do ano
GRUPO LEMACO B:
O conxunto B, asediado polas ausencias de Julia Verdes, Noa Quintela, Sam e Andrea tivo que viaxar ata Vilagarcía para enfrontarse ó Arousa na tarde do sábado, un rival que tamén se atopaba na mitade da táboa a tan só un punto de diferenza.… Seguir lendo >>
Seguros Sueiro remata a primeira volta en terceira posición
O pasado domingo o conxunto xuvenil feminino viaxou ata Redondela para atopar a un rival correoso que encadenaba numerosas derrotas por escasa marxe a pesar de contar cunhas das maiores goleadoras na liga.
O encontro comezou cunha contundente imposición das visitantes, pechando as posibilidades de penetración da eficaz primeira liña viguesa e negando as continuacións a pivote, o que deu a dianteira ó equipo de Bergantiños con contraataques e lanzamentos de 9m, provocando unha chamada á calma das locais no minuto 10 para xestionar o (3-8) do electrónico.… Seguir lendo >>
O Tubasys remata o ano con clara vitoria ante Meaño
O Tubasys infantil recibiu esta pasada fin de semana ó Meaño, rival directo na clasificación. O encontro impuxo dificultades iniciais ó equipo local debido a diferenzas antropométricas co conxunto rival, non sendo capaces de impedir as tentativas de penetración da primeira liña pontevedresa.… Seguir lendo >>
Seguros Sueiro segue sumando preto do remate da primeira volta
Na mañán do sábado o conxunto xuvenil recibiu no Vila de Noia a un efectivo Lalín que viña de asentarse na zona media da táboa grazas a unha contundente vitoria ante o Choqueiras. O Seguros Sueiro estaba obrigado a puntuar tras o empate en Redondela se quería manterse en liza co Guardés e SAR.… Seguir lendo >>
Calvo Xiria remata o ano con outro empate
O encontro mantivo a igualdade dende os primeiros lances do encontro, nun partido rocoso no que ningún equipo logrou levar a iniciativa con claridade. As defensas de ambos equipos puñeron feroz resistencia ante ataques con moi escaso éxito no lanzamento exterior levando á necesidade de chegar a seis metros para lograr puntuar, dando ós lanzamentos de sete metros un papel fundamental no desenrolo do encontro.… Seguir lendo >>
Sufrido empate do Calvo Xiria na pista do Carballal
A tensión xa comezaba coa necesidade do Calvo Xiria de puntuar para manterse nos primeiros postos da clasificación xunto o Lavadores e Reconquista, mentres que o Carballal xa demostrara que era quen de vencer a calquera equipo o clasificarse para a final da Copa.… Seguir lendo >>
Reparto de puntos na Bombonera entre o Seguros Sueiro e SAR
O encontro prometía igualdade e cumpriu as expectativas. Dende o inicio houbo un intercambio de goles que mantiña unha lixeira vantaxe para o conxunto de Carballo, pero a diferenza nunca superou os tres tantos xa que as locais tiñan que manter a segunda praza na liga Ouro.… Seguir lendo >>
A Vitoria do Calvo Xiria o asenta nas primeiras prazas de Autonómica
O Calvo Xiria agardaba na tarde do sábado a chegada dun Pabellón que aínda ten por estrear o tanteo de puntos durante a presente liga pero que viña de facer un partido sólido ante o Balonmán Lalín en casa.
Malia o inicio desacertado de cara a meta contraria, o Xiria impúxose ó Pabellón coa boa actuación defensiva que ven amosando dende as primeiras xornadas, axudada pola intervención dunha Nadia que rematou o encontro cun 50% de paradas.… Seguir lendo >>
Dous puntos vitais para o Seguros Sueiro ante o Mecalia Guardés
Na mañán do sábado o Atlético Guardés viaxou ó norte coma segundo clasificado sen coñecer derrota na fase ligueira sabendo que os puntos xogados en Carballo serían de gran importancia de cara a clasificación final.
O partido comezou con cunha defensa moi intensa en 6:0 do Seguros Sueiro que limitou a capacidade goleadora que amosa sempre o Guardés, levando ás visitantes a realizar tentativas en zonas pouco efectivas de lanzamento por parte de Carmen e Iratxe ante unha sólida Carla en portería.… Seguir lendo >>