Todas las entradas de Fernando Vázquez

O Laber Xiria imponse ás adversidades para continuar invicto

Se non fose suficiente coa categoría do rival, o Laber Xiria tivo que superar tamén un cúmulo de adversidades ao longo dos sesenta minutos do partido ante o BM. Cisne de Pontevedra. A descualificación de Andrés Vila no primeiro tempo, a cantidade de minutos xogados cun e dous menos (un total de doce exclusións) e a ansiedade, foron factores que puxeron as cousas moito máis difíciles nun partido, xa de por se, tremendamente complexo.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria segue a súa progresión a pesar da derrota

Segue o Goldie Xiria feminino na loita contra se mesmo, coa idea de progresar no xogo semana a semana nun ano atípico, onde as múltiples baixas con respecto ao cadro de persoal do pasado curso e as xovenes incorporacións (até catro xuvenís no plantel), deberán de ter a suficiente pacencia como para progresar a través do traballo semanal que se fai nos adestramentos.… Seguir lendo >>

O Marmolería J. Rey consegue a súa primeira vitoria

Á terceira foi a vencida e o Marmolería J. Rey de categoría infantil, conseguíu a súa primeira vitoria en liga, despois de dúas xornadas nas que saíu derrotado por curtas diferenzas. O encontro de hoxe, disputado na Casa Do Deporte de Lugo, non tivo dificultades para os de Carballo, que se mostraron moi superiores ao seu rival desde o inicio e durante os cincuenta minutos que durou a contenda.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria lidera con paso firme

O Laber Xiria sumou a súa sexta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas de liga, esta vez, na sempre difícil pista da Academia Octavio de Vigo. O conxunto de Carballo mostrou a súa superioridade desde o inicio do encontro, pero os excesivos riscos, as perdas de balón e un equipo local ordenado e moi correcto tácticamente, mantiña o pulso e a proximidade nun marcador que reflectía un 11-13 no descanso.… Seguir lendo >>