O sábado viaxaba o Hierros Varela Urbieta Xiria a Arteixo disposto a conseguir os dous puntos en xogo pero a porteira local impediuno.
Na primera metade o Arteixo Maruxía Asesores saiu concentrado e cunha continuidade de balón que lle era difícil de frear ás de Carballo.… Seguir lendo >>
O equipo local comezou o partido cunha defensa activa e presionante que non deixaba ao Bm. Lucus mostrar o seu xogo. Nos primeiros minutos os contragolpes permitíanlle ás do Hierros Varela Urbieta poñerse por riba no marcador e sentirse cómodas co seu xogo.… Seguir lendo >>
Partido complicado para o Hierros Varela Urbieta Xiria na pista do Bm. Brigantium. O equipo local non deu oportunidade ás de Carballo de poñerse ó fronte do marcador en ningún momento dominando o partido de principio a fin.
Nos primeiros minutos de partido ambos equipos atopaban facilidades de cara a portería rival e non conseguían afinar as súas defensas.… Seguir lendo >>
Este pasado venres enfrontáronse en Carballo o Hierros Varela Urbieta Xiria e o Bm. Xallas na 11ª xornada de 2ª divisón cadete feminina.
No primeiro tempo viviuse unha igualdade que lembraba ó partido de ida desputado en Santa Comba. As de Carballo non conseguían manter a concentración en defensa e as xalleiras atopábanse cómodas no ataque posicional.… Seguir lendo >>
O Bm. Camariñas e o Hierros Varela Urbieta Xiria disputaron esta mañá a 10ª xornada da segunda división cadete feminina ás 12:00 no Pavillón o Areal de Camariñas.
Na primeira metade un Xiria seguro e veloz imponía o seu xogo e dominaba o marcador durante 30 minutos.… Seguir lendo >>
Mal partido das carballesas que non foron quen de facerlle fronte ás de Moaña. As visitantes chegaron cas ideas claras e impoñendo o seu ritmo e estilo de xogo. O Hierros Varela Urbieta, a pesares de non convencer, ía aguantando a diferenza no marcador chegando ó descanso cun 13-17 que mantiña as esperanzas vivas de cara á segunda metade.… Seguir lendo >>
O equipo cadete feminino das EB Xiria viaxou este sábado a Culleredo para desputar a 7ª xornada da súa competición.
Mala primeira metade das carballesas que non conseguiron atoparse cómodas en todo o encontro. As numerosas pérdidas de balón xunto coa boa actuación das gardametas de ambos equipos non deixaban ver moitos goles nos primeiros 30 minutos chegando ó descando cun marcador de 4-6 a favor das visitantes.… Seguir lendo >>