O Hierros Varela Urbieta viaxaba a Tui a sabendas de que ía ser un partido complicado pois o equipo local é un dos claros aspirantes ó título e recortar a diferenza de puntos coas carballesas era importante para elas.
Partido igualado o vivido onte na Casa do Deporte de Lugo entre o Bm. Lucus C.V. San Froilán e o Hierros Varela Urbieta Xiria da segunda división cadete feminino.
Arrancou o partido cunhas luguesas motivadas e con intensidade mentras as de Carballo non atopaban o seu lugar no campo e non conseguían mostrar o seu mellor xogo.… Seguir lendo >>
O Hierros Varela Urbieta afrontaba hoxe no seu campo a terceira xornada da segunda división cadete feminina.
O partido comezaba con igualdade nos primeiros minutos pero grazas ás numerosas recuperacións de balón a ás rápidas transicións de contraataque, as de Carballo poñíanse ó fronte no marcador.… Seguir lendo >>
Emocionante partido o vivido a tarde do sábado no Pavillón de Fontenla na 2ª división cadete feminina.
Na primeira metade ningún dos dous equipos lograba asentar unha defensa sólida e as ocasión de gol chegaban con facilidade nas dúas áreas. A maioría dos goles xalleiros viñan de parte das súas extremos mentras as de Carballo atopaban maior facilidade pola zona centro da defensa contraria.… Seguir lendo >>
A pasada fin de semana tiveron lugar os play-off das categorías base para a súa clasificación nas distintas competicións galegas.
O Punta del Este Xiria viaxou a Redondela para enfrontarse o primeiro día ao equipo local, SAR Shopimagen. O nerviosismo das visitantes que se enfrontaban por primeira vez a este tipo de competición e o alto ritmo de xogo das de Redondela decantaron o marcador cara o equipo local cun resultado de 10-29.… Seguir lendo >>
O equipo infantil feminino, Punta del Este Xiria, xoga esta fin de semana en Redondela o seu play-off. O primeiro partido terá lugar hoxe, venres, ás 16:30 no Pavillón Municipal da Bombonera contra S.A.R. Shopimagen. O segundo e último encontro terá lugar mañán, sábado, ás 12:30 na mesma instalación contra o Veterís Asmubal Meaño.… Seguir lendo >>