O Tubasys Xiria cadete colouse na fase polo título da Liga Prata despois de vencer con autoridade o Bm. Chapela.
O equipo carballés mostrouse moi superior en todo momento ás viguesas que comezaron xa a remolque cun parcial de 5-0 nos primeiros minutos.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria venceu con autoridade a un Bm. Lalín que nada puido facer ante as carballesas, no encontro de Liga Ouro infantil celebrado no CEIP Fogar.
O arranque do encontro foi frenético das coruñesas, marcando distanzas claras desde o comezo, onde as verdes superaron constantemente á defensa pechada plantexada polas dezanas.… Seguir lendo >>
1ª Estatal
Transcendental partido o que se vivirá no Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Bm Saeplast Cañiza, o sábado ás 20:00. Os dous equipos
marchan empatados a puntos na clasificación; en plena loita pola
permanencia. Ambos saben que a estas alturas o golaverage, pode
ser importante; polo que o Calvo Xiria, desexa obter un resultado
positivo como no partido de ida.… Seguir lendo >>
1ª Estatal
O Calvo Xiria viaxa ata Tenerife para enfrontarse ao Bm Tejina. Equipo compacto no armazón defensivo e con variedade táctica no posicional; que esixirá ao Calvo Xiria ser forte ao 1×1 e pechar ben as liñas de pase co pivote.… Seguir lendo >>
O Tubasys Xiria caeu na casa ante o líder da Liga Prata cadete feminina, o Bm. Cangas.
As carballesas lograron manter o encontro igualado nos vinte primeiros minutos, onde a pesares de non ter as mellores sensacións na defensa, si que en ataque foron quen de ir sumando con regularidade.… Seguir lendo >>
O Nordata caeu en Redondela ante a SAR nun gran partido das pontevedresas. As locais comezaron por detrás no marcador pero foron quen de atopar o rumbo e remontar aproveitando a ansiedade das carballesas.
O inicio foi esperanzador para as de Carballo (5-9), pero un parcial de seis goles das redondelanas xenerou moitas precipitacións que sacaron do partido ás verdes.… Seguir lendo >>
As xogadoras do Punta del Este Xiria comezaban o encontro no San Francisco Javier moi acertadas de cara a portería. Sen embargo, as boas accións de 1×1 da primeira liña do Brigantium non deixaban que as do Xiria se distanciaran no marcador.
Na segunda metade, as xogadoras carballesas saíron dispostas a mellorar o traballo do primeiro tempo.… Seguir lendo >>
Regresa o balonmán ao Vila de Noia, volve o Calvo Xiria ao seu feudo. O último partido que se xogaba como local, foi o 17 de decembro; polo que xa tiñamos ganas de xogar en casa de novo.… Seguir lendo >>
Comeza a 2ª volta para o Calvo Xiria cunha difícil visita ao SAR Plastic Omnium. O encontro terá lugar o domingo ás 12:30 horas no Pavillón A Bombonera. Ambos equipos necesitan sumar puntos e romper a racha negativa para separarse da zona perigosa da táboa.… Seguir lendo >>
Emocionante retorno o que nos espera na primeira nacional. Faino coa última xornada da primeira volta; onde o Calvo Xiria xogará a domicilio no pavillón Pablo Hervello o sábado ás 19:00. O Calvo Xiria buscará a maneira de romper o xogo combinativo do Bueu; que lle gusta xogar desde o centro con Roque e Brais principalmente; cara as zonas exteriores onde os seus extremos collen protagonismo.… Seguir lendo >>