Todas las entradas de Jessica Posse

Previa da xornada do 7-9 de outubro

1ª Nacional
O Calvo Xiria mira cara o seu próximo compromiso fóra de casa, onde xogará o sábado ás 18:00 no Mpal. de Cañiza contra o Bm Saeplast Cañiza.
O Calvo Xiria deberá enfrontarse a un persoal reforzado que ampla o seu abanico de posibilidades e a unha afección local, das máis
ruidosas da liga, e ante a necesidade de puntuar do seu equipo
estarán a arroupar desde o inicio.… Seguir lendo >>

O Tubasys Xiria clasifícase para o Play Off cadete feminino

O Tubasys Xiria finalizou a súa fase de clasificación para o Play off cadete femenino no segundo lugar, despois de empatar a domicilio (17-17), este pasado sábado ante o Bm. Lalin no Lalin Arena.

As carballesas non realizaron un mal encontro pero foron lastradas no marcador polos moito erros no lanzamento, que poderían ter decantado o encontro de forma máis clara para elas.… Seguir lendo >>

Previa 17-18 setembro

1ªEstatal

O Vila de Noia espera ansioso a estrea ligueira do Calvo Xiria, o
sábado ás 20:00 contra o Sar Plastic Omnium. Este primeiro partido
preséntase coa ilusión por unha nova tempada, a continuidade do
proxecto por parte do Calvo Xiria, nunha liga que creceu debido aos
reforzos dos equipos da zona media, o descenso do SD Teucro que vén da división de honra prata, con varios candidatos á parte alta de
táboa, entre eles o actual campión o Disiclín Lalín, o subcampión o
Attica 21 Hoteles Oar Coruña e un favorito para facerse co primeiro
posto, o San José Obrero Lanzarote.… Seguir lendo >>