Todas las entradas de Manu López Reija

Un gran HVU Xiria leva os dous puntos ante o UB Lavadores

Magnífico encontro das nosas xuvenís que souberon sobrepoñerse ás baixas e gañar con solvencia ó Lavadores.

Tras uns primeiros minutos de tanteo sen claro dominador, o Xiria comezou a medrar dende a defensa afogando todas as tentativas do equipo olívico. A defensa 6:0 local liderada por Leti e Nati permitía recuperar moitos balóns a dar liberdade ó ataque onde o acerto de Duna e Nerea foi decisivo.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria remata líder a primeira volta

O noso senior feminino rematou onte en Narón unha volta case perfecta. Con doce vitorias e só unha derrota, na primeira xornada, as carballesas colócanse líderes cos mesmos puntos co Tapería dos Chata Bm. Cangas.

No encontro de onte correspondente á xornada trece, o conxunto carballés impuxo a súa superioridade dende o comezo diante dun Balonmán Narón que ofreceu pouca resistencia á actuación coral do Xiria.… Seguir lendo >>

Nova vitoria para o Calvo Xiria

Novena vitoria consecutiva para o Calvo Xiria, esta vez diante co Granitos Ibéricos Carballal, que serve para manter a primeira praza.

No primeiro encontro da tempada no CEIP Fogar as nosas amosaron a súa superioridade durante todo o encontro. Tras uns dez primeiros minutos plagados de imprecisións, o conxunto carballasés conseguiu evitar todas as tentativas rivais cunha intensa defensa 6:0.… Seguir lendo >>