Primeira xornada da Liga Ouro que da acceso a clasificarse para o Campionato de España, o Grupo Lemaco Xiria encadrado no grupo A, disputaba o primeiro partido na difícil cancha do Lavadores vigués, e tras un igualado choque, conseguía derrotar ao rival pola mínima.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria B 38 – Balonmán Ribadosar: 31 – (19-15)
Comezaba a segunda fase la Liga onde o Grupo Lemaco B está encadrado na Liga de Prata, e facíao diante o Ribadosar santiagués con vitoria.
Levaban os xogadores case dous meses sen competición e as gañas e a ansiedade amosaron nos primeiro minutos en ambos equipos, demasiada precipitación e despistes defensivos.… Seguir lendo >>
Abegondo Casa Torreiro 32 – Grupo Lemaco Xiria A 30 – (16-14)
Disputaba o equipo carballés o seu derradeiro encontro desta Primeira Fase, aprazado no seu día diante do Abegondo,
e ao igual que no partido da primeira volta o conxunto rival complicou o xogo do Grupo Lemaco, que non foi capaz de entrar no partido e so por rachas lograba xogar.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria B 38 – Balonmán Línea 21: 18 – (18-9)
Quedaba pendente a derradeira xornada para rematar esta fase e o Grupo Lemaco conseguía una nova vitoria diante do coruñés Línea 21.
Intentaba o Xiria darlle continuidade ao ataque, pero as facilidades do rival facían que buscase demasiado pronto a portería, pronto acadaría vantaxe no marcador o equipo local, moi superior ao Liña 21.… Seguir lendo >>
Balonmán Línea 21: 20 – Grupo Lemaco Xiria B 41 (7-17)
Penúltima xornada para o equipo carballés que con esta vitoria se proclama campión do seu grupo nesta primeira fase, triunfo folgado diante do Balonmán Línea 21 coruñés nun partido onde a diferenza de ritmo entre ambos conxuntos foi considerable.… Seguir lendo >>
BM. Narón-Ferrolterra 31 – Grupo Lemaco Xiria 29 –(17-15)
Contaba os seus partidos como vitoria, pero en Narón xuntáronse varias circunstancias para que o partido se saldara coa primeira derrota da tempada. Os moitos erros de lanzamento e sobre todo a pouca intensidade defensiva lastraron ao equipo durante todo o tempo e fixeron inalcanzable o triunfo.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria B 33 Balonmán Atlántico 32 – (14-20)
A fe na vitoria estivo presente sempre na mente dos xogadores co Grupo Lemaco que non baixaron os brazos pese a por momentos estar moi distantes de conseguir dobregar ao seu rival.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria A 35 – Abegondo Casa Torreiro 35 (15-21)
Remou contra corrente o equipo carballés ata conseguir o empate na derradeira acción do partido.
Os desaxustes defensivos foron notorios nos primeiros 30 minutos, onde o Abegondo materializaba en gol cada acción.… Seguir lendo >>
O equipo Cadete suma por vitorias os seus partidos e acada diferenza no seu grupo diante dos seus rivais. Non amosou o Xiria a súa mellor cara en defensa, con moitos fallos e falto de intensidade en moitas xogadas, pero soubo ler ben por onde facer dano ao Oar no ataque.… Seguir lendo >>
Grupo Lemaco Xiria «B» 42 Balonmán Lucus 21 – (22-7)
Na mañá do sábado o Grupo Lemaco recibía ao Balonmán Lucus, do que dou boa conta ao dobregalo no marcador.
Dende o inicio do encontro os carballeses amosaron intensidade na defensa aberta e sobre todo orde para asfixiar coa presión ao rival, pronto o Xiria transformaba cada roubo de balón en unha contra rápida chegando facilmente a portería contraria.… Seguir lendo >>