Todas las entradas de Toni García

O Hierros Varela Urbieta Xiria gaña en Moaña

Segunda xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Balonmán Moaña 27 – Hierros Varela Urbieta Xiria 55 (16-29)

Non tivo problemas o Hierros Varela Urbieta para superar ao Balonmán Moaña, saída contundente dos carballleses que marcaban diferenzas amplas nos primeiros minutos, o rival víase desbordado ante o Xiria que anotaba en cada ataque, solo as concesións do Hierros Varela Urbieta en defensa daban algún respiro aos locais, 16 a 29 ao descanso.… Seguir lendo >>

Vitoria do Hierros Varela Urbieta Xiria no primeiro partido da Fase de Clasificación

Primeira xornada da Fase de Clasificación

Hierros Varela Urbieta Xiria 44 – Seis do Nadal 29 (22-11)

Na Fase de Clasificación que da dereito a organizar o Playoff na categoría Cadete Masculino o Xiria quedaba emparellado co Atlético Novás, o Balonmán Moaña e o Seis do Nadal, o equipo vigués acudía a disputa da primeira xornada a Carballo.… Seguir lendo >>

Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Moi bo nivel o amosado polo Grupo Lemaco Xiria en Valencia

Campionato de España Cadete Masculino: Sector G, Mislata (Valencia)

Con dúas vitorias e a derrota ante o máis que favorito Balonmán Mislata na primeira xornada, o Grupo Lemaco acadaba a segunda posición do Sector deixando unha excelente impresión de bo balonmán como equipo das Escolas Balonmán Xiria e non tendo problemas para superar aos conxuntos de Guipuzcoa e ao de Murcia.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne

O Grupo Lemaco “A” cae derrotado ante o Cisne
17ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Balonmán Cisne 38 – Grupo Lemaco Xiria A 29 (17-12)

O mal inicio de encontro, cun Grupo Lemaco castigado pola arbitraxe, tres exclusións seguidas nos primeiros 8 minutos a Marcos Varela que se tiña que ir do encontro con tarxeta vermella, lastraron ao equipo que non soubo repoñerse e xogou a desesperada en moitos tramos do encontro, demasiadas precipitacións e moitos erros no lanzamento.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “B” pecha a Liga Prata gañando ao Lucense

14ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 43 – Balonmán Lucense 31 (20-17)

Gran partido o xogado por parte do segundo equipo cadete diante do Lucense para pechar a primeira parte da competición da Liga Prata.
Saíu moi concentrado e sabedor por onde tiña que amarrar ao rival en defensa e con moito descaro e xogo combinado no ataque, onde os xogadores locais fixeron o mellor partido da tempada.… Seguir lendo >>