Escapouse a vitoria ao Goldie nos derradeiros minutos, logo de ir dominando boa parte do encontro, non puido materializar o derradeiro ataque co marcador igualado a 25 goles, e na derradeira xogada marcaba o teucro o gol definitivo, 25 a 26.… Seguir lendo >>
Ao final, sétima posición para o Goldie Xiria na Primeira División Autonómica de Balonmán, a un punto do Lalín (6º) e a tres do Tui (5º).… Seguir lendo >>
Bo e igualado partido de balonmán o disputado entre estes dous equipos, ao igual que o fixeran na primeira volta en Vigo, e novamente o Goldie soubo xogar con presión e con maior acerto os derradeiros minutos para levarse a vitoria.… Seguir lendo >>
Bo partido do Goldie Xiria no Grove, que cedeu, pero que se mantivo con opcións pelexando pola vitoria.
Comezaba o encontro cun Rasoeiro moi metido, facendo dano polo centro da defensa 6:0 carballesa e con boa circulación de balón, chegando a cobrar a máxima diferenza do encontro 9 a 3, favorecido polo criterio arbitrar que sinalaba a máxima pena practicamente en cada ataque contra o Xiria.… Seguir lendo >>
Sufriu máis do esperado o Goldie Xiria diante do Pabellón Ourense, pese a dominar durante todo o encontro, viuse apurado no tramo final.… Seguir lendo >>
Plantoulle cara os 30 primeiros minutos o Goldie ao Porriño, pero a profundidade de banqueta e o oficio, dun rival moi superior, agrandou moito as diferenzas no marcador.… Seguir lendo >>
Dominou o encontro no marcador e no xogo o equipo carballés, que non tivo excesivas dificultades para impoñerse ao Campus Ourense. Quizá a sinatura pendente foi a finalización das accións de contraataque, onde o equipo quixo imprimir maior velocidade, o que acabou provocando excesivas perdas de balón.… Seguir lendo >>
O Coreti Lalín dominou un encontro no que as xogadoras do Goldie non se atoparon a gusto e víronse desbordadas polo maior empuxe do rival.… Seguir lendo >>
Agardábase un encontro igualado e intenso, como sempre que se enfrontan, e non defraudaron os dous equipos. Tanto o Balonmán Cangas como Goldie Xiria loitaron por facerse coa vitoria ata o derradeiro segundo, levándose as visitantes os dous puntos para O Morrazo.… Seguir lendo >>
Desprazábase o equipo carballés a localidade lucense de Taboada a medirse diante do derradeiro clasificado, enfrontamento de trámite que sacou adiante o Goldie sen complicacións.… Seguir lendo >>