BALONMANÓPOLIS 19 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 29

06/02/2005 13ª XORNADA

BALONMANÓPOLIS: López (1), Abel, Botana, Carballo (5), Francisco (1), Víctor (6), David (2), Diego (1), Samuel, Carlos (3), José A.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín, Miguel, Iago,Javi (2),Díaz ,Puente, Ramón, Joaquín (12), Manuel (3), Jesús (4), Norberto (3), Óscar (4), Juan.

Xogaban primeiro e segundo clasificado con tan só dous puntos de marxe para os de Carballo, prometía ser un bo e igualado encontro onde os dous conxuntos se xogaban gran parte das súas opcións de clasificación para o campionato galego. Así foi que o equipo local saiui moi forte sorprendendo á defensa carballesa que aínda non se axustara e conseguía as primeiras vantaxes no partido. Pouco a pouco, o cadro visitante foi entrando no partido e, aínda que a súa defensa non era boa tiña mais intensidade provocando así algún erro por parte do de Tarrío. Esto propiciou que o Ifecgás conseguira a súa primeira vantaxe mediada a primeira metade chegándose ó tempo de lecer cun 10-13 a prol dos de Carballo.

Na reanudación a defessa dos de Fernando Vázquez rompeu o encontro nos dez derradeiros minutos con tres roubos de balón consecutivos que poñían ós carballeses con seis goles de renda no electrónico, renda que foi aumentando ata chegarse ó remate cun 19-29 que non reflexa a igualdade que houbo no encontro.

Paso importante do equipo carballés de cara a conquista-lo título territorial.

O colexiado José Flores non tivo unha boa actuación.