Bases sorteo Nadal 2025- Sony PlayStation 5 Slim Digital Chasis E

1. Obxecto do sorteo. O Club Escolas de Balonmán Xiria organiza un sorteo especial de Nadal co obxectivo de recaudar fondos para actividades deportivas e sociais do club.

2. Venda de participacións. A venda será exclusivamente física, nos seguintes puntos:

  • Partidos do club no pavillón Vila de Noia
  • Oficina do club en horario habitual (luns de 17:00 a 18:30, xoves de 20:00 a 21:00, venres de 17:00 a 18:30)

3. Requisitos para participar. Para participar é obrigatorio: ser maior de 18 anos, presentar DNI en caso de dúbida de idade e achegar nome e teléfono de contacto na casilla correspondente do panel. Non se permitirá a participación de menores de idade.

4. Sistema de elección dos números. As persoas participantes poden escoitar libremente calquera número dispoñible entre o 000 e o 999. Non se permiten números repetidos: unha vez elixido un número, queda automaticamente reservado e non pode ser escollido por outra persoa.

5. Determinación do número gañador. O número premiado será aquel que coincida coas tres últimas cifras do Primeiro Premio da Lotería Nacional do 22/12/2025 (Sorteo de Nadal).

6. Caso de non existir número gañador. No caso de que o número do 1º Premio da Lotería de Nadal non coincida con ningún número vendido, utilizaranse sucesivamente as tres últimas cifras do 1º, 2º e 3º Premio da Lotería do Neno (6 xaneiro). Se ningún deles estivera vendido, o club realizará un sorteo público nun partido para determinar o gañador definitivo.

7. Notificación da persoa gañadora. O club contactará coa persoa gañadora mediante o teléfono facilitado no momento da compra. O resultado tamén será publicado nas redes sociais oficiais do club.

8. Entrega do premio. O premio deberá recollerse persoalmente nas instalacións do club. É obrigatorio presentar DNI para verificar a identidade. O premio non é substituíble por diñeiro nin por outro artigo. Se o gañador/a non recolle o premio no prazo de 30 días naturais, entenderase que renuncia a el.

9. Protección de datos. Os datos recollidos serán usados exclusivamente para a xestión do sorteo e contacto co gañador/a. Non se cederán a terceiros e eliminaranse unha vez finalizado o proceso.

10. Aceptación das bases. A participación neste sorteo implica a aceptación íntegra destas bases. Calquera situación non prevista será resolta pola organización do club con criterios de transparencia e equidade.