Bm Lalín 24(14+10): Luís, Uxío (7), Iago (2), Alberto, Antonio (3), Rodrigo (3), Brais (6) -equipo inicial- Fer, Iván, Álex, David (3), Óscar.
Ifecgás Pereira Xiria 25 (12+13): Naya, Boti, Zas (6), David (5), Néstor (2), Pombo (5), Dani (4) -equipo inicial- Óscar, Antón (2), Brais, Iago (1).
Colexiado: Alfonso Canitrot. Non influíu no resultado final.
Mal partido do Ifecgás Pereira Xiria, pero que aínda así conseguíu a súa terceira vitoria consecutiva e dous importantes puntos que aupan aos de Carballo á zona media da clasificación e axudan a poñer terra de por medio cos postos perigosos da mesma.
O partido comezou con un Bm Lalín entregado pola causa, xa que se xogaba moito no envite dado o seu posto na táboa clasificatoria, moi preto dos postos de descenso, e cos visitantes que non sairon coa intensidade necesaria para afrontar o choque. A igualdade foi a tónica xeral da primeira metade e de todo o partido, con dous equipos facendo un xogo feo e con moitas imprecisións, perdas de balón e erros non forzados. A maior casta, loita e intensidade así como as intervencións do seu porteiro facían que os de casa marcharan ao vestiario con un 14-12, resultado inquedante para os bergantiñáns.
Na segunda metade, os locais seguiron traballando con moito corazón, sobre todo en tarefas defensivas, pero os de Carballo achegábanse no marcador grazas, sobre todo, ás paradas do seu meta. Isto propiciou un toma e daca ata os minutos finais, onde o Ifecgás Pereira conseguía impoñerse pola mínima, 24-25, nun partido para esquecer por parte dos dous equipos, onde o máis valioso é a consecución deses dous puntos en disputa que viaxan cara terras carballesas.
O próximo encontro para o Ifecgas Pereira Xiria será no Pavillón da Zona Escolar fronte ao Atl. Novás Mecalia en encontro aprazado pertencente á 10ª xornada.