BM Cisne 31 – Calvo Xiria 25

Crónica do BM Cisne 31 – Calvo Xiria 25
Manuel Rey / 17 Marzo 2014
CISNE BM 31 – CALVO XIRIA 25

Cisne Bm. 31 (15+16): Iago [p], David (1), Andrés (6), Pablo (2), Picallo (4), Javier (5), Miguel (2), – equipo inicial – Novás [p], Eduardo [p], Iván (2), Chan (2), Dasilva (7), Carlos.

Calvo Xiria 25 (13+12): Iago [p], Ramón (2), Manuel (1) , Sergio (3), Chimpo (7), Gonzalo, Javier (2)- equipo inicial- Zúpez [p], Iván , Gonzalo, Calvete (1), Martín (7), Brais (2), Rubén.

Colexiados: Alberto J. Benegas García e Javier Arroyo Casero do colexio extremeño. Excluíron por parte local a Miguel (10´), Chan (17´), Carlos (22´), Dasilva (43´) e Iván (51´), mentres que polo bando

visitante sancionaron a Raqmón (15´), Jorge (19´), Chimpo (43´), Sergio (46´) e Rubén (59´).

Marcador: 3-1, 7-4, 9-6, 10-8, 13-10, 15-13 (descanso); 17-15, 19-17, 21-19, 25-20, 28-22, 31-25.

7 metros: Cisne Bm.: 3 / 6 ### Calvo Xiria: 1 / 1

Incidencias. 22ª xornada da Primeira División Estatal. Cen seareiros no Pavillón do CGTD de Pontevedra

Caeu derrotado o Calvo Xiria na visita que rendeu ao Cisne na tarde do sábado. O marcador final de 31 a 25 rompe a racha de vitoria na que estaba inmerso o Calvo Xiria dende a terceira xornada da segunda volta. Este resultado engadido á vitoria do Seis do Nadal deixa a táboa clasificatoria moi aberta na loita pola segunda posición, pero con vantaxe para os carballeses que terán que loitar moito nas derradeiras catro xornadas para manterse nela.

O conxunto verdibranco non entrou no partido ata pasados dez minutos, as diferenzas eran xa de catro goles cando solicitou tempo morto para tratar de axustar a súa defensa e incrementar a continuidade do seu ataque. Con accións individuais rompeu a dinámica do partido e foi achegándose no electrónico. Pouco a pouco o sistema defensivo foi crecendo e a dinámica ofensiva mellorou. Faltou neses intres a paciencia necesaria para dar definitivamente a volta ao encontro. Mais se chegou ao tempo de lecer cun partido aberto e con opcións para os dous equipos e cunha desvantaxe salvable e moi positiva para como tiña comezado o encontro.

O segundo tempo foi de maior control defensivo, o ritmo era favorable aos visitantes e deste xeito chegábase ao minuto 47 de partido cun resultado de 21 a 20 e co Xiria crecendo. Semellaba que os carballeses tiñan todas as opcións de acadar o control do partido fallou no que é a súa mellor arma, o contraataque. Cinco perdas de balón consecutivas foron unha lousa da que xa non se puido desfacer o conxunto carballés. Tirou neses intres de veteranía Dasilva acaparando o xogo de ataque dos seus e rompendo definitivamente o encontro. Os derradeiros minutos so serviron para que os pontevedreses fixeran crecer o marcador ao seu favor.

A vindeira xornada o Calvo Xiria enfróntase ao Bm Pontevedra, equipo ante o que se deixou un punto na primeira volta e no que so vale a vitoria. Agardamos que os seareiros carballeses animen aos seus dende o inicio, xa que será un factor de seguro desequilibrante.