Bm. Ciudad de Móstoles 22 – Calvo Xiria 32

O Calvo Xiria acadou unha nova victoria no seu desprazamento a terras madrileñas onde derrotou ó Bm. Ciudad de Móstoles por 32-22 en encontro pertencente á 20ª Xornada de liga.

Ós xogadores de Juan Fernández utilizaron as mesmas armas coas que conseguiran derrotar ó O.A.R. á pasada xornada, gran intensidade defensiva que provocaba veloces contragolpes e gran acerto en ataque, con un extraordinario Mario (8 goles en 40 minutos) e boa labor ofensiva por parte do capitán Martín e o xeorxiano Gvazava. Tamén hai que salientar a boa actuación dos dous porteiros carballeses Villa e Víctor. Non se notou, para nada, as importantes ausencias de Fernando Vázquez e Alfonso coma tampouco o mal estado de Marcos, que con un ombreiro mancado non podía tirar á porta nin desenrolar ó seu habitual xogo.

Aliñacións

– Polo Bm. Ciudad de Móstoles: Manolo, Cervera (1), Nico (2), Edu (1), Óscar (4), Viñambres (5), Rafael -equipo inicial- Enrique, Julio, Alexis (8), Alberto Sánchez, Reyes (1) e Jorge.

– Polo Calvo Xiria: Villa, Mario (8), David Silván (2), Marcos, Ofi (4), Martín (5), Gvazava (6) -equipo inicial- Víctor, Alberto (2), Álex, Javi Zas (2) e Sergio (3).

Marcador cada 5 minutos

0-4 / 3-7 / 5-11 / 8-12 / 9-13 / 10-16 / 12-18 / 14-22 / 16-24 / 17-27 / 19-30 / 22-32

As colexiadas andaluzas Sras. Ferreira Albéniz e Quintero Camarena tiveron unha boa actuación.