Bm. Lagares Pontedeume: Micael, Óscar (4), José R., Piñeiro, Roberto, Ignacio, Antonio, Diego, Roberto Díaz, Manuel, Jesús, Marco.
Ifecgás Pereira Xiria: Miguel, Caamaño, Diego López (4), Dani (1), Iván, Diego Puente (4), Ramón (6), Andrés (2), Óscar (5), Pombo (7), Rodrigo (7 ), Nestor, Zas (1).
Colexiado: Os colexiados Sr. Sanmartín e Castro non tiveron unha boa actuación.
O Ifecgás Pereira Xiria foi tremendamente superior ao equipo de Pontedeume. Dende o primeiro minuto os rapaces de Fernando Vázquez mantiveron unha boa intensidade e atención no partido, a defensa tiña ritmo, as axudas chegaban de maneira contundente e cando recuperaban o balón os contragolpes en segunda oleada eran letais. O resultado de 3-20 ao descanso deixaba ben ás claras o nivel dun e doutro equipo.
Na segunda metade, o equipo carballés lonxe de caer na relaxación incrementou o ritmo e foille imposible aos eumeses perfora-la meta carballesa ata os derradiros intres don encontro.
