BM.OLEIROS 23 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 24

Bm Oleiros: José,Hector (1), Marcos (5), Pablo (6), Sergio (6), David D (5), David A.-equipo inicial- Bruno, Pedro, Daniel, Samuel, Luis.

Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Oscar, Andres (1), Rodrigo (7), Nestor, Borja (2), Zas -equipo inicial- Boti, Dani, Alberto (3), Ivan (4), Diego (7).

Colexiados: O colexiado Vicente non influiu no marcador final

O Ifecgas Pereira Xiria Xiria acadou a segunda victoria da copa,esta vez exercendo de visitante na pista do C.B.Oleiros.

O entrenador dos de Carballo, Fernando Vázquez utilizou o partido para facer diversas probaturas de cara o vindeiro campionato galego da categoria, sobre todo no que se refire a darlle minutos aos xogadores menos habituais.

O partido foi moi malo por parte dos dous equipos,sobre todo na primeira parte, na que,as imprecisións en pases e recepcions foron a tónica xeral. Isto facía que o encontro tornarase por momentos nun desbaraxuste axudado tamen polos erros nos lanzamentos, impropios destes dous equipos. O resultado da primeira parte era de 12-10 a favor do Oleiros.

A segunda parte foi algo mellor, ainda que nunca acadou a calidade de xogo que se lles supón os dous equipos.

Nuns minutos finais igualados o Ifecgas Pereira Xiria conqueriu a victoria final por un axustado 23-24, nun partido sen historia no que se intuia que os dous equipos tiñan a cachola máis posta no seu enfrontamento futuro no campionato galego que neste partido copeiro.