BM OLEIROS 37 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 40

Balonmán Oleiros 37:. Non dispoñemos dos datos do acta.

Oak English Centre Xiria 40: Non dispoñemos dos datos do acta.

Colexiado: Manuel Docampo. Non influíu no resultado.

Por fin, á cuarta foi a vencidade e o OAK English Centre Xiria foi capaz de derrotar ao Bm Oleiros, campión de liga. E ademais facendoo a domicilio.

O partido seguiu os mesmos derroteiros que os anteriores. Un partido moi disputado no que a superioridade física do Oleiros lles da unha certa vantaxe. Froito desta superioridade o Balonmán Oleiros presentou unha defensa en 6:0, que xa se lle atrgantar ao Xiria nos partidos anteriores. Pero nesta ocasión foi distinto, a pesar de que a primeira parte foi un paseo para os locais debido, en parte, aos numerosos erros defensivos.

O partido comezou moi ben para os carballeses que nos primeiros 5 minutos ían gañando 4-2 froito da agresividade defensiva e da velocidade no ataque. Pero os infortunios en forma de lesións marcaron os seguintes minutos. O porteiro carballes lesionábase no antebrazo debido a un trallazo do lateral local e o lateral dereito, David, caía mancado nunha coxa debido a un golpe co xeonllo dun defensor local. Estas lesións impedironlles continuar no partido o que provocou o desconcerto e os erros no bando carballés. Cousa que aprovietou o Oleiros para remontar e pasearse durante a primeira metade chegándose ao intermedio cunha vantaxe defavorable para os carballeses de 4 tantos.

A charla do descanso fixo reaccionar ao Oak English Xiria que saiu o na reanudación a comerse ao rival. Unha defensa férrea, con moitos contactos, con moito choque e con moitas axudas, un porteiro que parou nos momentos críticos, unha transición veloz a pesar do cansanzo, sobre todo canto mais se achegaba o final do partido. Todo isto unido a un ataque con moita continuidade de balón que buscaba e atopaba os ocos entre a muralla do Oleiros polos que coarse en busca do gol facía que o equipo de Juan M. Rodríguez non só conseguís remontar eses catro goles senón coller unha vantaxe de tres goles mais. Vantaxe ademais conseguida durante unha inferioridade carballesa que os locais xa non puideron remontar. Destacar o espírito de loita, de sacrificio e de xogo do cadro de Carballo. E a partir de aí o que toca é seguir mellorando con traballo e disciplina.

Superado o reto do Oar a semana pasada, superado o reto do Oleiros esta semana, o próximo reto e meterse na fase final da copa. Para isto quedan dous partidos, o primeiro deles a vindeiro fin de semana fronte á EM o Camariñas.