BM OLEIROS 42 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 39

Balonmán Oleiros (20+22) 42: Jose (2), Hector (3), David (1), Marcos (7), Bruno, Guillermo, Jean, Sergio (8), Miguel (2), Pedro (6), Flavien (13), Daniel V, Daniel S. Adestrador: Guillermo Gonzalez.

Oak English Centre Xiria (15+24) 39: Naya, Barreiro (6), Iago (8), Zas (11), Brais (2), Martín, David (10), Bisbi, Miguel (2), Antón, Alberto, Ivan, Jorge. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Vicente Perez. Mal.

Enfrontábanse primeiro e terceiro clasificado da Liga Territorial, con tan só un punto de distancia entre eles e coa obriga por parte dos de Carballo de conseguir a vitoria para optar ao campionato e ao subcampionato, prazas que dan dereito a disputar a fase galega. Tras derrota o Xiria debe gañar na derradeira xornada ao OAR, segundo clasificado, por unha renda superior aos trece goles, máis dificial aínda tendo en conta que varios dos compoñentes do equipo serán baixa debido a que disputarán a fase final galega co equipo xuvenil do Xiria nesas mesmas datas.

Como reflicte o marcador, o encontro disputado entre o Balonmán Oleiros e o Oak English Xiria correspondente a décimo terceira xornada do campionato territorial cadete masculino, foi un partido no que os ataques se impuxeron ás defensas. O partido levouno o equipo que soubo aproveitar mellor as súas oportunidades e os erros que en defensa concedía o rival. O partido comezou cuns primeiros 5 minutos nos que o Oak English apretou ao Oleiros, a través da súa defensa e do contrataque, marchándose de dous goles. Pero, pouco a pouco, a defensa do Xiria foise esvaecendo e o ataque do Oleiros con continuos cambios de posición dos seus homes, axudado por unha preocupante falta de mobilidade e erros no ataque carballés, fixo que os locais remontasen e se fosen ao descanso cunha vantaxe de cinco tantos.

Nos primeiros minutos da segunda metade produciuse unha melloría do Xiria en ataque o que fixo que se achegara no marcador, pero só foi un espellismo. Espellismo que desapareceu nos últimos 15 minutos cando o Xiria, a pesar de non defender e deixarlle todo o traballo o porteiro, si que se puxo a atacar, si que buscou os espazos, si que buscou o gol. Froito disto foi a case remontada que estivo a punto de conseguir o equipo adestrado por Juan M. Rodríguez cando se puxo a tan só un gol. Aí foi cando o arbitro colleu o protagonismo ao non facer uso do reglamento ante sendos golpes, un cobadazo no rostro e un rodillazo ao infantil David García e un puñetazo ao rostro de Álex Zas, ademáis de innumerables faltas que pola reiteración non foron castigadas.

Pero non hai que pensar nos factores externos porque a pouca aportación defensiva foi a causa desta derrota. En busca da melloria na defensa vaise preparar o último e definitivo partido do campionato ante os coruñeses do Oar en Carballo.