Bm Pontedeume 23 (12+11): Adrián, Joaquín (2), César (2), Carlos (15), Fernando (4), Antón, Pastoriza – equipo inicial – Jesús, Rubén e Raúl.
Procasa Xiria 26 (10+16): Óscar, Cristian (7), Marc (2), Alberto (3), Alberte, Enrique (5), Iván (2) -equipo inicial- Jorge, Miguel, Marco (1) e Manuel (4).
Colexiado: Srs. Piñeiro e Piñeiro, chegaron no derradeiro momento ao encontro e marcharon del antes de tempo.
Partido moi igualado e de constantes alternativas durante os vintecinco primeiros minutos nos que os dous equipos estiveron moi nerviosos e pouco atinados, tanto en ataque coma en defensa. Pouco fixeron tamén os dous porteiros nese primeiro tempo nos que cada balón que chegaba á portería era gol, quizais todos contaxiados dos dous colexiados.
De volta dos vestiarios os dous equipos mudaron a súa faciana e dende os gardametas ata os xogadores parecían outros, moito mais asentados en todas as parcelas e xogando un balonmán de maior calidade –os que seguiron desaparecidos durante todo o encontro foron os colexiados-. Cada equipo trataba de explotar as súas mellores armas: por unha parte a fortaleza física por parte dos locais, sobre todo na figura de Carlos, e o xogo colectivo tanto en ataque coma en defensa dos carballeses. Pouco a pouco o colectivo impúxose ao individualismo e propiciou vantaxes de ata cinco goles a prol dos carballeses que só nos derradeiros minutos se viron acurtadas pola cantidade de lanzamentos aos postes –doce ao longo do encontro-. Na derradeira posesión os xoves xogadores carballeses tiveron a tranquilidade de manter o balón durante vinte segundos sen perdelo e devolvéronlle, deste xeito, a moeda ao Balonmán Pontedeume que os derrotara na primeira xornada.
