Bm.Porriño: 26 (10+16): Tadeo, Samuel (7), Alex, David, Roberto (8), Adrián, Dani (3) -equipo inicial- Abdelhadi (1), Gonzalo (5), Ambrosio, Dieguez, Sergio (2), Diego,Oscar
Decoraciones J. Bello Xiria: 36 (17+19): Buño, Raúl, Julián (8), Cristian (5), Diego (2), Enrique (3), Dani (4) -equipo inicial- Iván (5), Óscar (3), Lolo (6), Miguel, Jorge
Colexiado: Manuel Currás e Farruco Soliño.
O Decoraciones J. Bello Xiria conseguiu o pasado Domingo a súa primeira vitoria na liga de División de Honra cadete masculino. O encontro correspondía a terceira xornada de liga, aínda que para os bergantiñáns era o seu segundo partido, xa que o encontro da xornada anterior aprazouse por mor da selección nacional xuvenil.
A primeira parte foi claramente de dominio visitante e o 2-0 inicial tan só foi un espellismo para os seareiros locais que se deron cita nas bancadas. A partir dese momento, os xogadores do Xiria comezaron a funcionar e a plasmar sobre o parqué porriñés o seu ritmo, mostrando unha absoluta superioridade tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do Vipecón impúñase unha e outra vez ao ataque dos locais, matando o partido no contraataque e desplegando un balonmán rápido, dinámico e atractivo cara o espectador. A diferenza coa que os visitantes se retiraban ao vestiario xa era ampla e complexa para que puideran remontar os locais, 10-17.
A segunda metade non tivo historia, xa que o Vipecón saíu de novo moi seguro das súas posibilidades e non deu opción en ningún momento aos do Porriño para que se achegaran no marcador. Pouco a pouco foron ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 26-36.
O próximo partido a disputar polo J. Bello Xiria será o 01/11/11. Partido aprazado no seu día e correspondente a segunda xornada de liga. O encontro disputarase as 10:30 no Vila de Noia carballés e enfrontará aos nosos contra o potente Academia Octavio vigués, un dos equipos chamados a loitar polos primeiros postos da clasificación.
