10/04/2005 COPA 2ª XORNADA
GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula ( 4 ), Sheila ( 3 ), Uxía ( 1 ), Adriana ( 2 ), Marta ( 4 ), Cristina ( 7 ) – equipo inicial – Iria, Fernanda, María, Yanin, Juana, Jessica
BM. PORRIÑO: Raquel, Victoria ( 3 ), Elena ( 8 ), Ana ( 1 ), María ( 2 ), Estefanía, Nieves ( 1 ) – equipo inicia – Patricia, Alba, Rodríguez ( 13 ), Carmen, Alejandra ( 1 ), María.
O Garaysa Xiria segue sen puntuar na Copa tras caer derrotado ante o Bm. Porriño por 21 a 29. No descanso o electrónico amosaba un apertado 14 – 15 a favor do equipo de Porriño.
Todo o traballo ben feito, e con merecemento de obter os dous puntos, ó longo de 45 minutos foise ó traste nun momento que parecía axeitado para levarse o gato a auga. O cadro local marchaba dous goles por riba e quedouse con dúas xogadoras menos durante catro minutos e a ocasión que se lles presentou as carballesas saldouse cun desconsolador 2 a 0 en contra. A partires de aquí o Garaysa foise do encontro.
A vindeira xornada o Xiria recibe o Bm. Bueu, nunha boa ocasión de estrear o seu casilleiro nesta competición.
O colexiado Sr. Lago pasou polo pavillón sen enterarse moito do que tiña que facer.
