18/02/2004 11ª XORNADA
BM. VIVEIRO: Carballal, Trasancos(5), Mariño(7), Martinez, Villares(4), Arthur, Ruben(2), Allo, Rey, Piñeiro(2), Rodriguez(2), Lopez, Otero(3), Javier.
GARAYSA XIRIA: Guillin, Norberto(3), Eloy, Diaz(4), Joaquin(14), Manuel(7), Oscar(5), Nico, Martin, Marcos(1).
Nova victoria do equipo carballés ante un rival moi inferior tanto tacticamente coma tecnicamente. O partido foi moi malo,onde os xogadores carballeses se viron tan superiores ós seus rivais que xogaron un encontro bastante pésimo tanto en ataque coma en defensa, xa que un equipo como o Viveiro non pode meter tantos goles como os que
acadou.
O partido xa empezou mal para o Garaysa xa que tres xogadores acudiron o partido sen camisetas e pantalóns, o que propiciou que o adestrador tivera que facer números para saír cun equipo competitivo, se a esto lle engadimos as poucas ganas que lle botaron os xogadores nos da o resultado final.
O arbitro Manuel Santos Dobaño bastante malo pero non tivo influencia no resultado.