Bo partido do Hierros Varela Urbieta ante o Bm. Culleredo

Trala derrota acadada a semana pasada en Vigo, as nosas xuvenís acadan os dous puntos nun partido dominado do comezo ó remate.

Tras uns comezos dubitativos, onde ambos equipos non eran capaces de asentarse no campo e as pérdidas eran constantes, as carballesas lograron unha serie de boas defesas apoiadas na boa actuación de Elena en portería que permitían manter rendas de tres e catro goles no marcador chegando ó descanso co resultado de 15-11.

Na reanudación o partido seguiu a mesma tónica, as tentativas do Culleredo non conseguían reducir a distancia no marcador e as nosas seguían amosándose fortes en defensa sen dar sensacións de febleza. Entretida segunda metade co marcador final de 27-22.

Primeiros dous puntos do Hierros Varela Urbieta na Liga de Ouro que a próxima semana visita ó Bm Porriño.