Bo partido e dous puntos para o Goldie Xiria

Estamos na fase intermedia da segunda autonómica feminina, as vitorias sempre son importantes; pero neste momento da tempada máis aínda.

Os equipo son conscientes diso, e os partidos que se xoga como local, a afección debe ser o xogador número oito cada xornada.

A fiabilidade en ataque do Goldie Xiria, con movementos coordinados para lograr accións cómodas de lanzamento, fixo que a SAR cambiase o sistema defensivo de 6:0 a 5:1, pero co mesmo resultado. As do Goldie , mostráronse moi regulares ao longo do encontro, mantendo a intensidade defensiva durante os 60 minutos, engadindo o bo labor de Nadia na portería, alcanzaron a vitoria por 22 a 16.

A próxima semana, xogarán contra o Bm Case a domicilio.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: Julio López do colexio galego. Sen complicacións.

GOLDIE XIRIA 22 ( 12 + 10 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez (1), Támara Pombo (4), Natalia Solís, Jessica Posse (6), Saray Couto (1), Soraya Martínez, Elena Segade (5), Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez (4), Zeltia Landeira (1).

S.A.R. SOLERA & MAPACHE 16 ( 9 + 7 ): Inés Martínez [p], Lucía Groba (1), Natalia Taboas (12), Catalina Rodríguez, Noelia Taboas (2), Antía Rubín, Laura López, Carla Barciela (1), Tania Pérez, Ana Rodríguez, Begoña Fuenteseca, Laura González.

Fotógrafo: David Castro Rey