Goldie Xiria 22 – S.D. Balonmán Tui 18 (14-9)
Gran partido o realizado polas xogadoras do Goldie Xiria este sábado ante un rival que a pasada tempada se había amosado con moita superioridade fronte as carballesas. O Goldie segue a comandar a clasificación deste grupo, e a próxima semana viaxará ao Deza a medirse contra o Balonmán Lalín
O Xiria era consciente do duro compromiso e saíu motivado e concentrado a disputar o encontro, moi metido en labores defensivas e con moita continuidade no ataque. Pese a dominar durante todo o encontro, non era capaz de distanciarse no marcador ata ben chegado o descanso onde adquiriu unha vantaxe de 5 goles, 14 a 9. O bo facer de Jessica no central, unido ao eficacia das extremos Sara e Adriana, facían que a vitoria non peligrase para o Goldie, que superaba a uns dos seus principais rivais por facerse coa primeira praza deste Grupo pola Clasificación.
Goldie Xiria 22 (12): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 5, Sara Pombo 5, María Góme, Juana Garrochena 2, Cristina Gende 2, Adriana Gómez 5, Patricia García, Marta Regueira, Zeltia Landeira 2, Natalia Solís 1, Sheila Ferreiro e Raquel Gómez.
Balonmán Tui 18 (9): Romero e Rebellado (porteiras), Alfaya 2, Gregores, Pérez, Méndez 6, Viana, Iglesias 2, Estevez, Barros 5, Fuentesega 3 e Ferreiro
Marcador cada 5 min: /1-0/ /3-2/ /5-4/ /8-7/ /11-8/ /14-9/ /16-11/ /17-13/ /20-13/ /21-16/ /22-16/ /22-18/
Arbitraron: Alfredo Balado e Gabriel Folgoso, excluiron a Iglesias polo BM Tui
A afección arroupou ao equipo, 200 espectadores no Pavillón Vila de Noia.


