Bo partido para o Garaysa B na casa

Bo partido para o Garaysa B na casa

Garaysa B 22 – 27 Divino Rei Ribeiro

Último encontro da segunda fase da Liga Prata para o Garaysa B que remata como 5º clasificado da Liga Prata, partido desputado no Pavillón Fogar (Carballo). Encontro no que o equipo demostrou que ten moito xogo que ofrecer e remata nunha boa posición nesta loita polo título da Liga Prata.

Comezaban o partido con moita seguridade no ataque que deixaba ver unha rápida movilidade de balón e desmarques ofensivos sen balón, mentres que na defensa non chegaban a conectar e deixaban ocos que os rivais foron quen de ler perfectamente.

Na segunda parte o Garaysa saía ao campo demasiado relaxado e o Ribeiro aumentaba a súa renda no marcado, pero tras un par de minutos o equipo local volvía a meterse no partido con un par de boas defensa que permitían rápidos goles de contraataque. Finalmente todas as forzas do equipo Garaysa non foron suficientes para parar un Ribeiro moi forte nos 1×1, pero deixaron un partido emocionante e vibrante no que ambos equipos demostraron o bo traballo de todos estos meses de competición.

Ao remate das Final 4 infantís, o equipo Garaysa B comezará a Copa para o remate da competición desta tempada no que esperamos continuar desfrutando do activo xogo que demostraron ser capaces de dar durante toda a liga.