Boa experiencia para o Punta del Este Xiria a pesar da derrota

A disputa da terceira xornada da 2ª división infantil feminina, levaría ás xogadoras do Punta del Este Xiria a viaxar a Camariñas para enfrontarse ao conxunto local.
Despois duns primeiros minutos igualados, a Esc mpal Camariñas lograba aos poucos distanciarse no marcador. As carballesas non atopaban ocos na aguerrida defensa local, xa que se empeñaban en buscar zonas céntricas onde as xogadoras do Camariñas eran máis fortes. Cara o final da primeira parte, o Punta del Este sufría unha exclusión que lle poría as cousas máis difíciles, pero nese momento sairía o carácter deste equipo para recuperar tres balóns que no contraataque directo estrelaríanse contra o bo facer da porteira local.
Con todo iso chegábase ao descanso 9 a 4.
Na continuación, as carballesas mellorarían o seu xogo de ataque mediante circulacións de extremos e atacando sobre as zonas exteriores; pero en defensa seguía tendo problemas ante a superioridade física da primeira liña camariñan; o que suporía un resultado final de 19 a 12 para o conxunto local.
Na seguinte xornada, a Punta del Este Xiria recibe ao Bm Lucus, en Carballo.

idencias: Partido disputado no pavillón O Areal cun centenar de seareiros nas bancadas. Colexiado: Pedro Bermúdez do colexio galego.

ESC MCPAL CAMARIÑAS 19 ( 9 + 10 ): Paula Romar, Laura Alonso, Carolina Pasantes, Andrea Romar, Vanina Tajes, Nerea Santos, Yanira Barca, Bineta Thiam, Claudia Santos, CarlaVigo, Cristina Mouzo, Lara Canosa.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 12 ( 4 + 8 ): Anna María [p], Marta Gómez, Lucía España, Lara Otero, Alba García, Nerea Varela, Valeria Figueroa, Elena Collazo, Natalia Cancela, María García, Nina Pereira, Paula Bouzas.