Boa imaxe do Goldie Xiria Carballo Turismo a pesar da derrota

O Goldie Xiria Carballo Turismo volvía a enfrontarse outra vez contra ó Millaven Centro Jardín CP Lucense no primeiro encontro da Fase pola Final Four coa derrota da fai unhas semanas moi presente. O encontro deste domingo nada tivo que ver con anterior, o Goldie demostrou ser un equipo plagada de guerreiras que nunca se dan por vencidas.
 
O choque comezaba moi igualado, co Xiria moi rápido nas transicións tras boas defensas no 6:0 e o equipo de Lugo moi acertado dende o extremo dereito e más accións de lanzamento exterior. Cando parecía que o equipo visitante podería escaparse no marcador, a boa actuación de Tamara, con potentes lanzamentos en apoio, permitía ás carballesas manterse vivas no encontro en todo momento. Tras unha serie de erros en ataque ó final da primeira metade, as lucenses poñiánse cinco tantos por diante (10-15), pero tras un tempo morto, dúas boas accións de roubo e contraataque deixaban o 12-15 co que se chegaría ó descanso.
 
Con todo por decidir, a tónica de igualdade seguía a ser dominante, malia que Xiria non parecía estar tan cómodo no ataque pola crecente intensidade defensiva rival. Durante moitos minutos, o marcador estancouse no 20-23, con boas intervencións das gardarredes, pero dous rápidas accións de contraataque rivais volvían colocar a diferenza a cinco tantos e ahí as nosas intentaron arriscar a ir a polo partido, aínda que sen sorte.
 
O 22-30 final non fai xustiza ó gran encontro de todo equipo, que recibiu o apoio da afección durante todo o encontro e os aplausos nos minutos finais dan folgos para que esta semana o Goldie Xiria Carballo Turismo viaxe a Ourense na procura dunha vitoria ante o BM Pabellón que lle permita seguir con vida na loita por un posto na Final Four.