BOAS SENSACIÓNS DOS EQUIPOS ALEVÍNS FEMININOS

Volvian os equipos alevíns tras o parón do Nadal á liga Alevín Bm 5 na cuarta xornada. Esta vez tocaba desprazarse a Santiago de Compostela ao pavillón Quiroga Palacios. Madrugaron as nenas do Grupo Lemaco que  xogaron ás 10 da mañá na pista 1 contra o Ribadosar.es. O primeiro e o segundo cuarto comezaron con moitas imprecións para as nosas, que sairon despistadas na defensa e sin ideas e non sabín aprobeitar os erros do equipo contario. Co paso dos minutos comezaron a amosar o bó facer dos adestramentos e con moitas interceptacións de balón, bós desmarques e algunha parada de mérito das nosas porteiras foron capaces de darlle a volta o partido e así rematar con boas sensacións,

Ribadosar.es-Grupo Lemaco Xiria: 4-4

1º Cuarto: 04-03

2º Cuarto: 05-02

3º Cuarto: 04-08

4º Cuarto: 02-10

Grupo Lemaco Xiria: Elena González (2), Carla Martínez, Julia Verdes (4), Xulia Suárez (4), Andrea López, Lucía Vila, Nerea Figueiras (5), Cecilia García(7).

 

Cara oposta para as nosas nenas do Xiria Garaysa que xogaban as 11:40 contra o Xallas na pista 1.

Neste partido quedou claro o que vai pasar máis dunha ocasión durante esta tempada. Os nosos equipos alevins contan cunha mezcla de xogadoras en idade benxamin, xogadoras que acaban de empezar e outras que levan un par de anos. En fronte tiveron a un BM Xallas que ten nenas e nenos que para o ano xa estarán en categoría infantil, que levan varios anos xa xogando e que supo aprobeitar cada erro do noso equipo. Isto foi o que provocou un resultado tan avultado no marcador, o que non quita que as de Carballo teñen que poñer moita máis intensidade, e estar máis concentradas si queren pelexar e competir cada partido a pesares da diferencia de idade e de antropometría. Un partido que non demostra todo o que están evolucionando en cada adestramento.

Garaysa Xiria-Xallas: 0-8

1º Cuarto: 01-12

2º Cuarto: 02-09

3º Cuarto: 02-10

4º Cuarto: 02-14

Garaysa Xiria: Sara Rial (3), Mencía Rodriguez, Clara Graña , Sofía Rey (4), Elena Rodriguez , María Pombo.

O próximo sábado 19 ambos equipos xogarán en Zas nunha xornada aplazada