Boas sensacións para as nenas do Gestagua

As nenas do Gestagua tiñan enfronte na mañá de hoxe o cuarto clasificado da liga pero eso non lles fixo amedrentarse e lograron facer un bó encontro nunha discplina, a de balonmán 7, na que están amosando unha crecente evolución tralo paso dos partidos.

Foi un encontro na que as de Carballo amosaron moi boa actitude.  Con esa garra que as ven acompañando esta tempada as do Gestagua pelexaron a maioría dos balóns e foron capaces de ter certo orden nas posicións de xogo tanto no ataque como na defensa, cousa que ata o de agora lles costaba moito. Lanzaron con potencia e sin medo en moitas ocasións pero os lanzamentos desviaronse ou eran parados polos porteiros rivais. Tamén foron capaces de facer accións combinativas de moito mérito.

Na defensa víronse en moitas ocasións esas ganas de pelexar, houbo interceptacións boas e moitos momentos nos que conseguiron atosigar os contrarios pero a velocidade e a corpulencia dos contrarios xogou en contra das nosas.

A nota máis negativa foi a precipitación nos pases o que permitiu  os de Lugo varios roubos de balón e goles fáciles.

As carballesas deben quedarse ca evolución que están a amosar neste disciplina e seguir adestrando e aprendendo novos conceptos para ser capaces de amosalos na pista.

Gestagua Xiria – Bm Lucus Parrillada Abel Bm 7: 04-12

1er cuarto: 03-06

2o cuarto: 03-07

3er cuarto: 01-05

4o cuarto: 00-07

Sam (1), Julia, Andrea, Xulia, Elena (4), Carla, Clara, Mencía, Sofía (1) e Noa Quintela (1)