Bruno López volve ao Xiria

Bruno López Molina (Carballo 1984) xogará no Calvo Xiria a vindeira campaña. O central carballés formouse nas categorías de base do Xiria, pasando posteriormente a militar, cando aínda estaba en idade xuvenil, no equipo filial que naqueles momentos posuía o club carballés en Segunda Nacional. Tras a desaparición daquel equipo Bruno enrolouse no Balonmán Carballo onde xogou varias campañas e posteriormente militou no Coservas Boya de Camariñas, equipos nos que cuaxou moi boas campañas.

Ademáis pasa a formar parte do corpo técnico do club dedicandose, xunto con Marcos Rodríguez, aos máis cativos/as (prebenxamíns, benxamíns e alevíns) dentro das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria.

Neste sentido Bruno xa viña traballando dentro do organigrama técnico que está a desenvolver as actividades das Escolas de Verán de Balonmán e de Xogo e Iniciación Deportiva para peques.